top of page

 

Listaxe das sociedades laborais existentes en Galicia:

http://traballo.xunta.es/listaxe-sociedades-laborais-existentes-en-galicia

 

 

Axudas e Subvencións:

 

Fora de Prazo

 

 

A SOCIEDADE LIMITADA LABORAL é un tipo de sociedade mercantil de responsabilidade limitada que ten que contar cun mínimo de tres socios ou socias. Máis do 50% do seu capital social está subscrito polas persoas traballadoras que prestan os seus servizos á sociedade a través dunha relación laboral de carácter indefinido.
 

Características

1.El número de horas traballadas anualmente polo persoal asalariado indefinido non asociado non pode exceder do 15% das traballadas polas persoas asociadas. Esta porcentaxe é do 25% se a sociedade ten menos de 25 persoas traballando.
2.Ningún socio ou socia pode ter máis do 33% do capital social, agás entes públicos ou sociedades con participación dos estamentos públicos, os cales poden posuír ata un 49% do capital.
3.No hai libre transmisión de accións.
4.Hay dúas clases de participacións: . Laborais: pertencen ás persoas que prestan servizo á sociedade con contrato laboral indefinido e teñen que representar como mínimo o 51% do capital social,
. Xerais: pertencen ás persoas que prestan servizo á sociedade con contrato laboral temporal, ou ben non traballan na sociedade. Non poden representar máis do 49% do capital social.
5.Hay un fondo de reserva especial obrigatorio, ademais das reservas propias das sociedades mercantís, que debe estar dotado co 10% do beneficio anual, como mínimo.
6.La responsabilidade das persoas asociadas limítase ao capital da sociedade.

 

Trazos diferenciais

 

Teñen unha serie de vantaxes fiscais se dotan o correspondente fondo de reserva co 25% dos beneficios:
1.Exención do ITPAJD (Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) nas operacións de constitución, ampliación do capital e transformación de Sociedade Anónima Laboral (SAL) en Sociedade Limitada Laboral (SLL).
2.Bonificación do 99% na cota do ITPAJD en caso de que se pida un préstamo para adquirir activos fixos e bens para a sociedade.
3.Libertad de amortización durante os primeiros 5 anos a partir da cualificación.


 

Sociedades limitadas laborais

bottom of page