top of page

Que é unha cooperativa?

A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todos os socios. A súa finalidade consiste en prestar servicios e satisfacer necesidades e aspiracións dos seus socios, mediante a súa participación activa, e en interese pola comunidade. Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa. As cooperativas teñen que se axustarse no seu funcionamento aos principios formulados pola Alianza Cooperativa Internacional

I. Adhesión voluntaria e aberta
As cooperativas son organizacións voluntarias, abertas a todas as persoas capaces de utilizar os seus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades de ser socio, sen discriminación social, política, relixiosa, racial ou de sexo.

II. Xestión democrática por parte dos socios
As cooperativas son organizacións xestionadas democráticamente polos socios, que participan activamente na fixación das súas políticas e na toma de decisións. Os homes e mulleres elixidos para representar e xestionar as cooperativas son responsables ante os socios. As cooperativas están organizadas de xeito democrático.
 

 

Clases de cooperativas

As cooperativas clasifícanse en:
. cooperativas de traballo asociado
. cooperativas agrarias
. cooperativas de explotación comunitaria da terra
. cooperativas de consumidores e usuarios
. cooperativas de servicios
. cooperativas de transportistas
. cooperativas do mar
. cooperativas de explotación dos recursos acuícolas
. cooperativas de vivendas
. cooperativas de ensino
. cooperativas de integración social
. cooperativas de servicios sociais
. cooperativas de crédito
. cooperativas de seguros
. cooperativas sanitarias

 

Vantaxes e Desvantaxes

 

A cooperativa fronte a outros tipos de organización social

As principais características da sociedade cooperativa fronte ao resto de formas xurídicas podémolas resumir nas seguintes:

 

  • Unha persoa = un voto, o que prima é a persoa fronte ao capital achegado.

  • A maioría do capital está en mans das persoas socias que sempre terán que ter menos do 50% do capital total.

  • Os beneficios distribúense entre as persoas socias na cooperativa en proporción á actividade cooperativizada.

  • Ante as perdas respóndese só co capital achegado polas persoas socias e non cos bens persoais.

  • Existe un capital inicial mínimo de 3.005,06 euros.

  • Para a constitución cómpren, como mínimo, tres persoas.

  • As persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado poden elixir entre o réxime xeral ou o especial de autónomos.

  • Unha parte dos beneficios xerados impútase ao Fondo de Reserva Obrigatorio e ao Fondo de Formación e Promoción Cooperativa, destinados á consolidación, á mellora da produtividade e ao desenvolvemento da cooperativa.

  • As cooperativas teñen unha importante vinculación co territorio contribuíndo ao aproveitamento dos recursos endóxenos e locais, o que provoca efectos impulsores de cohesión económica e social.

  • Por este motivo, as cooperativas están fiscalmente protexidas e ademais se fomenta a súa creación a través da concesión de subvencións específicas ao sector.

 

Principios cooperativos

Os principios cooperativos, formulados pola Alianza Cooperativa Internacional, definen o funcionamento básico das cooperativas, máis aló das normas e son:

Adhesión voluntaria e aberta: As cooperativas son organizacións voluntarias e abertas a todas as persoas capaces de utilizar os seus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades de ser persoa socia.

Xestión democrática: nas cooperativas cada persoa ten un voto, partindo da igualdade de participación e responsabilidade de todos os seus socios e socias.

Participación económica: as persoas socias contribúen equitativamente ao capital das súas cooperativas e xestionan os beneficios segundo a súa participación nas actividades da cooperativa.

Autonomía e independencia: As cooperativas son organizacións xestionadas polas súas persoas socias en termos que aseguren o control democrático por parte destas e manteñan a súa autonomía cooperativa.

Educación, formación e información: A cultura da aprendizaxe e a formación continua son esenciais para poder levar a cabo de forma correcta os principios de participación e autoxestión. Ademais, promoven o cooperativismo e informan á sociedade da natureza e beneficios da cooperativa.

Cooperación entre cooperativas: As cooperativas serven aos seus socios e socias o máis eficazmente posible e fortalecen o movemento cooperativo traballando conxuntamente mediante estruturas locais, nacionais, rexionais e internacionais.

Interese pola comunidade: porque a cooperativa está situada nun contorno concreto co que se interactúa de xeito permanente, ademais de ser o ámbito de actuación máis inmediata.

 

Trámites para a constitución

 

  • CERTIFICACIÓN NEGATIVA DO NOME

    Dirixida ao Rexistro Central de Cooperativas de Madrid.

  • REALIZAR A ASEMBLEA CONSTITUINTE

  • SOLICITAR NO REXISTRO A CUALIFICACIÓN PREVIA DOS ESTATUTOS

    Ante o Rexistro de Cooperativas provincial ou autonómico segundo corresponda, presentando:

    • Solicitude da Cualificación Previa.

    • Certificación negativa de denominación.

    • Certificación da acta da Asemblea constituinte.

    • Exemplar dos Estatutos Sociais aprobados

  • Solicitude do CÓDIGO DE IDENTIFICACIÓN FISCAL en constitución na Axencia Tributaria (modelo 036).

  • OUTORGAR A ESCRITURA PÚBLICA DA CONSTITUCIÓN da cooperativa ante notario, unha vez recibida a notificación de cualificación positiva dos Estatutos.

  • Liquidación do IMPOSTO SOBRE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS (ITP) e Actos Xurídicos Documentados (Consellería de Economía e Facenda/Rexistro de Propiedade, modelo 600).

  • INSCRICIÓN NO REXISTRO SOCIEDADES COOPERATIVAS, antes de dous meses dende a escritura pública de constitución. Presentando:

    • Solicitude

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública de constitución.

    • Xustificante de presentación do imposto de transmisións patrimoniais no modelo 600.

    • Xustificante de pago da taxa por servicios administrativos.

  • Inscrita a sociedade cooperativa no Rexistro de Cooperativas, realizaranse os trámites para o inicio de actividade, ó igual que para calquera empresa (CIF definitivo, alta IAE, alta traballadores, licenza apertura centro de traballo, etc).

  • Débense LEGALIZAR OS LIBROS SOCIAIS no Rexistro de Cooperativas correspondente, unha vez inscrita a cooperativa e antes da súa utilización (os libros contables se poderán legalizar a posteriori):

    • libro de rexistro de socios e socias

    • libro de rexistro de achegas ao capital social

    • libro de actas da asemblea xeral

    • libro de actas do órgano de administración

    • libro de informes de censura de contas.

    • libro de inventarios e balances, e libro diario.

  • Unha vez en funcionamento a cooperativa ten que cumprir ademais coas obrigas rexistrais no Rexistro de Cooperativas, é dicir, debe inscribir as modificacións de estatutos, renovación de órganos sociais, outorgamentos de poderes, Legalización de libros, depósito de contas anuais e documentación complementaria, etc.

Cooperativas

bottom of page