top of page

Listaxe de empresas de inserción de Galicia:

 

http://traballo.xunta.es/rexistro-de-empresas-de-insercion

 

Son estruturas empresariais que actúan no mercado producindo bens ou servizos, coa finalidade primordial de incorporar ao mercado laboral a persoas en risco ou situación de exclusión social, proporcionándoos como parte do seu itinerario de inserción, procesos personalizados e asistidos de traballo remunerado, formación e un acompañamento para mellorar as súas condicións de empregabilidade e facilitarlles o acceso o mercado laboral ordinario.
 

Un concepto vinculado a estas empresas que as caracteriza e as identifica dentro da Economía Social é o itinerario de inserción entendendo por tal, o conxunto de servizos, prestacións, accións de orientación, titoría e procesos personalizados e asistidos de traballo remunerado, formación no posto de traballo, habituación laboral e social encamiñados a satisfacer ou resolver problemáticas específicas derivadas da situación de exclusión.


A inserción laboral por medio das empresas de inserción vai dirixida a persoas desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego nas que concorren un ou varios factores de exclusión social que poden vir determinadas por:

      - Ter minusvalidez.

      - A condición de persoa en proceso de rehabilitación e socialización por proceder de situacións e desetructuración persoal e familiar.

      - Rexeitamento social.

      - Condición de inmigrante retornado.

      - Persoa sen fogar.

      - Muller vítima de violencia.

      - Pertenza a determinadas minoría étnicas.

      - A situación de responsabilidades familiares non compartidas, agravadas por outros factores ou carencias persoais ou familiares,.

      - A procedencia de institucións de protección ou reeducación de menores.

      - Persoas beneficiarias da RISGA ou prestacións equivalente, entre outras que sexan determinados polos servizos sociais competentes.

Este tipo de empresas deberán estar constituídas por entidades promotoras tendo esta condición, as entidades sen ánimo de lucro incluídas as de dereito público, as Asociacións e Fundacións sen ánimo de lucro cuxo obxecto social sexa a inserción social de persoas especialmente desfavorecidas que promovan a constitución de empresas de inserción.

Requírese que estas empresas cumpran unha serie de requisitos.

 

 


 

Empresas de inserción

bottom of page