top of page

 

Son empresas que participan no mercado mediante unha actividade produtiva, coa finalidade de asegurar un emprego remunerado e a prestación de servizos de axuste persoal e social que requiren os traballadores e traballadoras con minusvalidez.
Ao mesmo tempo, a súa finalidade é a de ser un medio de integración do maior número de persoas con minusvalidez ás empresas ordinarias.

O seu equipo ten que estar composto polo menos nun 70% por persoas con minusvalidez, mediante a relación laboral de carácter especial, sen que se computen para estes efectos o persoal dedicado á prestación de servizos de axuste persoal e social.

Destacar que as subvención para as persoas con minusvalía cobren as cuotas a segridade social e o abono do 50% do salario mínimo interprofesional

É indispensable obter a cualificación e inscrición no Rexistro de Centros Especiais de Emprego dependente da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia, e para iso ha de acreditarse e presentar:

 

  1.  Acreditación da personalidade do titular. NIF o CIF

  2. Justificar mediante o oportuno estudio económico as posibilidades de viabilidade e subsistencia do centro, en orden  cumplimiento dos seus fines.

  3. Estar constituida a plantilla polo maior número de traballadores minusválidos que permita a naturaleza do proceso productivo e, en todo caso, polo 70% de aquela como mínimo. A estes efectos non se contemplará o persoal non minusválido dedicado a prestación de servicios de ajuste personal e social., con contrato laboral escrito, suscrito con cada un deles, conforme á normativa vixente.

  4. A previsión de ter en plantilla o personal técnico e de apoyo en posesión das titulaciones profesionales adecuadas, que a actividad do centro precise.

 

                               Lexislación

 

- Lei de Integración Social do Minusválido, B.O.E. núm. 103, do 30 de abril de 1982, Título Sétimo "De la Integración Laboral".- Real Decreto 1451/1983, do 11 de maio, sobre emprego selectivo e medidas de fomento do emprego de traballadores minusválidos.

- Real Decreto 1368/1985, do 17 de xullo, B.O.E. 08-08-85 que regula a relación laboral de carácter especial dos minusválidos que traballen nos Centros Especiais de Emprego.

- Real Decreto 2273/1985, do 4 de decembro, B.O.E. de 09-12-85, que aproba o regulamento que regula os Centros Especiais de Emprego de minusválidos.

- Real Decreto 2274/1985, do 4 de decembro, B.O.E. 09-12-85 que regula os Centros Ocupacionais para minusválidos.

- Orde 22-3-1994 Establece as bases reguladoras para a concesión de axudas e subvencións dos programas de «Promoción do emprego autónomo» e de «Integración laboral dos minusválidos en Centros Especiais de Emprego e traballo autónomo», reguladas na Orde 21-2-1986.

- Real Decreto 427/1999, do 12 de marzo, B.O.E. 26-03-99, polo que se modifica o RD. 1368/1985 polo que se regula a relación laboral de carácter especial dos minusválidos que traballen nos centros especiais de emprego.- Real Decreto 27/2000, do 14 de xaneiro, polo que se establecen medidas alternativas de carácter excepcional ao cumprimento da cota de reserva do 2 por 100 en favor de traballadores minusválidos en empresas de 50 ou máis traballadores.

- Orde do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do 14 de xullo de 2000 pola que se regula o procedemento administrativo referente ás medidas alternativas, regulado polo Real Decreto 27/2000, de 14 dexaneiro.

- Real Decreto-Lei 5/2001, do 2 de marzo, B.O.E. 03-03-01, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento do emprego a mellora da súa calidade.
- Lei 12/2001, do 9 de xullo, B.O.E. 10-07-01, de medidas urxentes dereforma do mercado de traballo para o incremento do emprego e amellora da súa calidade.

- Orde do Ministerio de Sanidade e Consumo, do 17 de decembro de2001, B.O.E. 05-01-02, pola que se aproba a instrución sobre o establecimiento de criterios de preferencia na adxudicación de contratos sobre a base da integración das persoas con minusvalidez nas equipos das empresas licitadoras.

- Lei 24/2001, do 27 de decembro, B.O.E. 31-12-01, de MedidasFiscais, Administrativas e da Orde Social.

- Real Decreto  Lei 5/2002, do 24 de Maio, de medidas urxentes para a reforma do sistema de protección por desemprego e mellora da ocupabilidade.

 

Listaxe de centros especiais de emprego de Galicia:

 

http://traballo.xunta.es/listaxe-de-centros-especiais-de-emprego

 

 

Axudas e subvencións:

 

Reflíctense a continuación o réxime xeral de axudas e subvencións estruturado por programas en función do obxecto e finalidade de cada axuda, e recollidas na lexislación de ámbito estatal. As axudas
aos CEE intégranse dentro das denominadas "axudas para actividades profesionais e laborais".
As diversas modalidades existentes son as seguintes:


   a) Accións que axuden a poñer en marcha proxectos xeradores de empregos, preferentemente estables: Estes proxectos poden ser de creación de CEE ou ben de ampliación de equipo nun CEE xa en funcionamento.
Para os proxectos xeradores de emprego poderanse conceder:
1) Subvencións para asistencia técnica: asesoramento e/ou formación empresarial, realización de estudos de viabilidade e organización, elaboración de proxectos, asesoramento contable, económico-financeiro, comercial ou xurídico, ou estudos de mercado.
A subvención poderá alcanzar como máximo a cantidade de 12.020,24 euros por cada posto de traballo creado con carácter estable se o CEE supera o 90% de traballadores minusválidos respecto ao total do equipo. Se está comprendido entre o 70 e o 90% a contía será de 9.015,18 euros.

2) Subvencións para financiar o investimento fixo en proxectos de interese social: Permítese o desenvolvemento de programas de recoñecido interese social que redunden na creación de emprego para persoas minusválidas.
A contía é a mesma que se reflectiu anteriormente.
3) Subvención parcial de intereses de préstamos que se obteñan de entidades de crédito que teñan subscrito convenio co Mº de Trabajo e Asuntos Sociais. Subvenciónase ata 3 puntos o tipo de xuro fixado pola entidade e abónase nunha soa vez.

 

         b) Accións destinadas ao mantemento de postos de traballo:
Comprende moi variadas medidas de fomento e estímulo de programas de inserción e contratación laboral:
1) Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social en continxencias comúns e profesionais e nas cotas de recadación conxunta. Aplícase directamente polo CEE das cotas a liquidar mensualmente á S. Social, se ben debe obterse previamente autorización administrativa.
2) Subvención do custo salarial correspondente ao posto de traballo ocupado por persoa minusválida que realice unha xornada laboral normal e estea dado de alta na S. Social. Abóase o 50% do salario
mínimo interprofesional. Se o contrato é a tempo parcial sofre a redución proporcional correspondente.
3) Subvencións para a adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas en contía non superior a 1.803,04 euros por posto de traballo.
4) Subvención, por unha soa vez, destinada a equilibrar e sanear financeiramente aos CEE en orde a unha reestruturación para alcanzar niveis de produtividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade
e estabilidade.
5) Subvención para equilibrar o presuposto dos CEE que carezan de ánimo de lucro e sexan de utilidade pública e imprescindobilidade.

 

Fora de Prazo

 


 

 

Centros especiais de emprego

bottom of page